Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Momentazos Ultranoite

Máis de 20 anos de Ultranoite deron para moito. Para facer comedia, música e performance, para darlle unha primeira oportunidade de subir ao escenario á xente que estaba comezando a actuar, para volver traer de visita a xente que xa levaba moito tempo actuando e mesmo para escribir unha crónica de Galicia gamberra e alternativa á oficial, e que se fai evidente ao repasar os temas das máis de 80 Ultranoites que levamos feitas dende o ano 93 ata hoxe. Agora estamos a preparar un libro sobre o noso particular cabaré de variedades, no que incluiremos algúns dos nosos e dos vosos momentos favoritos da Ultranoite, e para isto pedímosvos axuda.

Cales son os teus momentazos Ultranoite? Que número recordas con máis cariño? Tes fotos ou vídeos perdidos polo ordenador? Compárteos con nós!

Insertar

Quico Cadaval: A Interpretación do Himno Nacional

Nesta peza, antolóxica de pleno dereito, Quico Cadaval danos toda unha lección sobre himnos nacionais e sobre os motivos polos que compre ter cuidado á hora de facerlles caso. É o momentazo Ultranoite de Patricia de Lorenzo.

6 comentarios

renata otero
renata otero: este debería ser de visionado obrigado na escola! é fantástico!
|
marisú janeiro
marisú janeiro: moi bó o monólogo..este tio sempre me fai rir un mundo!.
|
Ramón Bermejo
Ramón Bermejo: Esquecín dicir o moito que me gusta este vídeo...aí queda a miña admiración incondicional por QCadaval.
|
Ramón Bermejo
Ramón Bermejo: A ver, Amerxin, recoñece que o video non sería o mesmo sen ese riso, ademáis, é inútil escapar tanto do meu riso como do de Ángeles Lago. Hai cousas contra as que non se pode loitar e hai que aceptalas como veñen. Por certo, moi bo iso de A Rá do Roco. E unha cousiña máis...ti quen vés sendo?
|
Arantza Villar
Arantza Villar: Este monólogo é un dos meus favoritos!!!
|
AMERXIN
AMERXIN: Encántame este monólogo, pero penso que desta grabación temos que sacar , cando menos, dúas conclusións vitais:
1º O micrfófono que graba nunca debe estar preto de Ramón Bermejo.
2ª Ramón Bermejo nunca, baixo ninguna circunstancia, debe estar preto do micro.
Asdo. Colectivo A Rá do Roco (Non se sabe se Roco igfredi ou Roco Varela ) pero que lido o revés , ten o seu aquel..... A Rá do Roco
|