Entramos na parte na que a clase dirixente europea empeza a matarse a maltratarse e matarse. De que maneira podemos transmitir a violencia que xeran as políticas que se están aplicando? E a rabia de quen as sufre? Ata onde se pode arrastrar un político ou un banqueiro á procura do seu propio beneficio? E ata onde está disposta a chegar unh actriz, un actor? Non teñades medo por ela, que máis ou menos está todo controlado... (Ensaios Eurozone, Chévere)
Eurozone Chévere
Chévere cumpriu todo un reto en 2013 con Eurozone. Unha ambiciosa produción con 8 intérpretes en escena, que chegou ás 50 representacións, con case 7.000 espectadores e que fixo tempada en Madrid durante un mes no Teatro Valle Inclán do CDN. Aquí publicamos unha serie de vídeos do traballo en proceso da obra que Chévere estreou en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucedendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e a crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
Ensaios Eurozoone: Políticos polo chan
Fai login ou rexístrate para poder comentar