Durante o roteiro que se fixo pola contorna de Froxán, dentro da 2ª Festa Revolta no Courel, o poeta Estevo Creus protagonizou unha das paradiñas para recitar uns poemas co son do río Lor de fondo.
2ª Festa Revolta no Courel
Aquí atoparás todo xunto o material que temos disponible da 2ª Festa Revolta que se levou a cabo na aldea de Froxán, no Courel, os días 10 e 11 de agosto de 2012. Fotografías, vídeos, textos..., que documentan o que aconteceu.
A Festa Revolta é unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel. Queremos apoiar a toda esa xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valores naturais e culturais dunha zona de montaña que é por riba de todo un ben común que debemos preservar para as xeracións futuras.
Poesía no medio do Lor
Gústalle(s) a 1 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar