Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Pisando Ovos: Tres

Interpretación: Janet Novás, Andrea Quintana, Rut Balbís. Dirección: Rut Balbís. Escenografía e iluminación: Afonso Castro. Son: David F. Vieites. Vestiario: Pisando Ovos.

Pisando Ovos é unha compañía de danza contemporánea creada no 2005. A súa primeira obra é N8 0HX, estreada en Vigo no Teatro Ensalle no festival Isto Ferve do ano 2005 e seleccionada pola Rede de teatros e salas Alternativas no 2006. No 2007 estrean dous espectáculos máis: No intre 1800 e 30000, este último coproducido polo Centro Coreográfico Galego e dirixido por Damián Muñoz. No 2008 a compañía recibe o 1º premio no Certamen Coreográfico de Madrid cun extracto da súa peza No intre 1800. Pisando Ovos é compañía residente do Teatro Ensalle de Vigo.

O tema de investigación desta peza é a muller, as mesmas intérpretes. Pero non existe a necesidade de reinvindicar o seu sexo, nen defender ou criticar ningún aspecto social ou histórico da muller, simplemente queren xogar co encontro de tres persoas, de tres mulleres que son condicionadas pola súa sexualidade á vez que das súas experiencias persoais sobre ela. Provocar encontros e desencontros das tres coas súas individualidades e os seus puntos en común. Un mundo por descubrir que se irá abrindo a medida que o proceso avance rescatando historias persoais e outras máis comúns.