Seguramente moitos xa sabedes que os Skatalites e os Transilvanians tocaron na Nasa o domingo pasado (21 de novembro) e mesmo é posible que moitos estivésedes no concerto, porque había moita xente. Entre unha cousa e outra foron case catro horas seguidas de música, perante un público entusiasmado. Subiremos en breve unha peza sobre a actuación. Mentres tanto, aquí queda este adianto.