Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Pontos de venda
Fotos
Insertar

OS Modernos Novo Disco!

ORQUESTRA OS MODERNOS
-Ninguén senta cando toca a Orquestra "Os Modernos"-
Despois de 5 anos de exitosos directos por toda Galicia(e parte deAsturias), ao Orquestra Os Modernos decidiu illarse no Estudio “
A Ponte” para gravar o seu primeiro disco.
Destas xornadas sae á luz DISSIMULEM!
O rexistro musical que garda a esencia das noites de verbena e as
mañás de vermú que tanto coñecen Os Modernos.
Un disco esencial en toda casa moderna e en todo automóvil para o
goce de toda a familia e mais o can.
Temas para bailar e cantar todas as persoas de ben e sentirse
transportadas e xungidas a um tempo!
Cancións coma O Uruguai, A chula tanguista o Passa-ruas dos
Airinhos de S. Cámpio... entre outras, adornan este disco de pizarra
e deleitarán os seus ouvidos provocando unha incitación ao
“arrechuche contaxiada polos ritmos máis modernos.


Compoñentes da Orquestra Os Modernos:
Voz: Iria Pinheiro
Trombón: Alonso Caxade
Acordeón: Paco Nogueiras
Trompeta: Martín Nogueira
Batería: Xosé Tunhas
Contrabaixo: Alberte Rodríguez