Como moitos xa sabedes, esta fin de semana temos un novo Ultranoiteo, unha nova cita para falar de crise, bancos, rescates e moitas cousas máis, que ademais nesta ocasión incluirá unha novidade: unha sesión vermú que celebraremos o domingo á 13.00 h. con opción a apuntarse a comer despois (máis detalles na axenda).
E para ir abrindo boca, deixámosvos o número final da última Ultranoite, coa participación dos da Ría cantándolle a Teo, o resto dos actores participantes e boa parte do público. En catro días, máis. Esperámosvos a tod@s.