O performer, actor e artista visual catalán Marcel.lí Antúnez, membro fundador de La Fura dels Baus, presentou na NASA o seu espectáculo en solitario "Afasia" dentro da Zona Alternativa en Marzo do 2000. Unha peza na que o performer está acompañado en escena por unha banda de música formada por robots que se accionan por impulsos enviados desde uns sensores integrados no exoesqueleto que cubre o corpo do actor, desde onde tamén pode activar os sons e as imaxes que se proxectan.
Marcel.lí Antúnez: Afasia
Gústalle(s) a 4 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar