Le Diablo Mariachi é un grupo catalán de l'Hospitalet de LLobregat que foi detectado pola sonda da Nasa que andaba a procura de sonoridades fóra do rock e do pop máis estereotipados. Tocaron en Compostela en 2001. A súa é unha aposta moi persoal, afrancesada polos ecos de Gainsbourg ou Brel, surrealista nas historias e que funciona como unha banda sonora para cinéfilos amantes do circo e o cabaré.
Le Diablo Mariachi (1996-2003): Israel Sanz (voz), Miquel Simó (baixo), Pau Torres (guitarra, electrónica), Fernando Yuste ou Félix González (batería), José Luis Redondo (guitarra), Agustí Martínez (saxos e clarinete). Editaron dous discos: Fanatique Fantastique e Aloha.