Julián Elvira é unha figura de referencia na música contemporánea e de avangarda, creador da chamada frauta prónomo. Elvira estivo na Nasa dentro das Sesións Vibracionais do Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro, un ciclo centrado na investigación da riqueza da improvisación libre. Se che interesa o que ves, non esquezas vir o día 23 ao concerto de Nadal da Orquestra O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galiza) ás 21,30 h. na Sala Nasa.
Julian Elvira nas Sesións Vibracionais
Gústalle(s) a 3 persoas
4 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Xacobe Martínez Antelo:
Teño entendido que é unha frauta con máis posibilidades de alteracións (bemois e sostidos) para así poder tocar calquer tipo de escala e non só as diatónicas. Hai algún musicólogo na sala?
Patricia de Lorenzo:
Moi bo. Alguén podería explicar que é a frauta prónomo?
Arantza Villar:
gran concerto, a primeira vez que vin a un músico "tocando" o andamio... increíble!!!
Ariel Ninas:
A frauta Prónomo é un invento do propio Jualián como mellora do sistema de Matuz Istvan que é outra evolución á súa vez das frautas Boehm - quen engadiu chaves e espátulas adicionais que posibilitaron o cromatismo no instrumento aló polo s.XIX, as frautas traveseiras das orquestras.
Seica é uns engados de pezas na embocadura e tubos. Basicamente seguindo o concepto de acadar a independencia de cada burato do instrumento con respecto aos demais.
O resultado é unha posibilidade case que infinita de dixitacións e adaptacións a outro tipo de frautas doutras culturas -india, xaponesa, persa,....- en canto á sonoridade e afinacións.
Vaia, que é algo máis cunha cana furada!