Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

I Congreso Internacional de Monstros

No 2012 cúmprense 25 anos de actividade do Grupo Chévere. Con tal motivo, rescatamos do arquivo este vídeo de hai 20 anos, o acto de clausura deste Congreso-espectáculo de 3 días de duración, que misturaba teatro, música, proxeccións, forzando os límites entre o que é teatro e o que é congreso, entre o que é espectáculo e o que é realidade.

O I Congreso Internacional de Monstros foi unha co-produción dos Encontros Europeos no Camiño de Santiago e desenvolveuse en distintos espazos da cidade, creando a expectativa dun auténtico congreso sobre monstros desde o propio márketing asociado, e no que había inscricións, ponencias e actividades.  O acto central foi a clausura do congreso, que tivo lugar no parque do Auditorio de Galicia, mesmo antes da súa inauguración. Alí se deron cita unhas dúas mil persoas en pleno mes de novembro para asistir a un show protagonizado polos monstros que se paseaban entre a xente ou sobre a auga, coa música de Nicho Varullo de fondo e cunhas proxeccións de gran tamaño sobre a fachada do auditorio.

10 comentarios

catalina sanchez luengo
catalina sanchez luengo: veña veña ..... o II Conjreso xa!!! ke monstros temos dabondo...... molariaaaaaaaaa.......
|
Suso Sanmartin
Suso Sanmartin: Eu estivem ali!!! E passei-no DE MEDO!!!
|
xron
xron: Esta semana morreu Xoán Corral, taberneiro dos de antes en Baamonde-Lugo, que aquí veu colaborar facendo de Sereo da Lagoa, co seu traxe de chaves de ferro, prendendo os fachos no inicio do espectáculo.
|
Xacobe Martínez Antelo
Xacobe Martínez Antelo: 2012 II Congreso Internacional de Monstros.... a min váleme....
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: E non podería ser este un bo ano para facer o II Congreso? O que pasa é que os monstros serían doutro estilo, non? Monstros financeiros e económicos.
|
Xacobe Martínez Antelo
Xacobe Martínez Antelo: como molaban os nicho!!!!!!
|
RedeNasa
RedeNasa: Pois pasádeo aos vosos colegas e ampliade a memoria visual do teatro galego:)
|
iria pinheiro
iria pinheiro: Está xenial !
|
Carlos Santiago
Carlos Santiago: ei, que tempos, e que zombies!!!
|
Xacobe Martínez Antelo
Xacobe Martínez Antelo: que cabróns!!! que ben o pasabades.....
|