Obradoiro do espectador sobre Hámster, de Santi Cortegoso. Materiais da sesión de adestramento realizada no CSC Ensanche o 7 de marzo de 2011.
Hámster é unha obra de personaxes, pero que tipo de personaxes? Son hámsters e por tanto son animais. Como facer de animais?
Actores e animais, teatro e fauna, moitos autores usaron os mecanismos tradicionais da fábula. Falar de nós a través dos animais. Non é doado facelo sobre un escenario. Un referente cercano podería ser o desta montaxe de Teatro de La Abadía, con José Luis Gómez interpretando Informe para una academia, de Kafka. Outra referencia non afastada sería O Porco, de Raymond Cousse, que en España tivo unha versión bastante coñecida protagonizada por Juan Echanove.
Pero este Hámster vai por outro lado. Di o autor, "tampouco pensei nunca que os actores tivesen que facer de hámsters, pero sí que a clave sería atoprar unha forma de moverse non naturalista, mesmo non moi humana, máis perto dunha lóxica animal."
Hámster. Facendo de animais
Gústalle(s) a 1 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar