Estamos tratando de establecer un diálogo coa peli de Reservoir Dogs. Iniciar unha conversa entre a pantalla e o escenario. Entre o cine e o teatro. E non sabemos moi ben como empezar a falar. Así que o intentamos desde esta práctica de dobraxe que vedes neste vídeo. Actores de teatro, persoas que viven e traballan en Galicia, poñendo a voz a actores de cine, persoas que viven e traballan en Estados Unidos. Voces que escoitamos en directo, expresións e xestos que vemos na pantalla. Unha conversa sobre "Like a Virgin" de Madonna que se converte nunha conversa sobre a princesa Europa da mitoloxía grega, outra virxe.
Eurozone Chévere
Chévere cumpriu todo un reto en 2013 con Eurozone. Unha ambiciosa produción con 8 intérpretes en escena, que chegou ás 50 representacións, con case 7.000 espectadores e que fixo tempada en Madrid durante un mes no Teatro Valle Inclán do CDN. Aquí publicamos unha serie de vídeos do traballo en proceso da obra que Chévere estreou en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucedendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e a crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
Governar é a arte de repartir equitativamente a dor
Gústalle(s) a 1 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar