Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Eurozoone, every dog has its dayEurozoone, every dog has its dayescaleira mecánica
  • Anterior
  • Seguinte
Fotos
Insertar

Every 'dog' has its day, proposta gañadora no concurso para o espazo escénico da nova obra de Chévere

O éxito do concurso convocado por Chévere e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia é evidente xa pola alta participación acadada: 32 propostas procedentes de toda Galicia, de distintos puntos do estado español e máis Portugal. A calidade dos traballos, a variedade de solucións aportadas e o grao de elaboración son elementos que o xurado e a compañía valorou moi positivamente. 

Despois de moitas horas de análise e debate, a proposta gañadora é a que se presentou co lema "Every 'dog' has its day", da que resultou ser autor Javier Domingo Ballestín, un arquitecto de Zaragoza que propón unha escaleira mecániza como símbolo deses non-lugares sen identidade do capitalismo globalizado, un obxecto frío e impactante coa indubidable capacidade para evocar un gran repertorio de espazos distintos e válidos no imaxiario de calquera tipo de público.

Ademais, outorgáronse dúas mencións especiais ás propostas tituladas "Atraco Perfecto" e "Naipes", enviadas desde Ferrol e A Coruña.

Este concurso representa non só o achegamento entre o mundo da arquitectura e o do teatro, senón que é un compromiso con procedementos abertos e transparentes que promovan a máxima responsabilidade no uso do diñeiro público, neste caso obtido vía subvención da Xunta de Galicia para a produción dunha obra de teatro. E faise para dar exemplo ás propias administracións e entidades públicas, que moitas veces non actúan coa mesma transparencia nin polo interese xeral.

O noso agradecemento tamén ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia polo seu apoio, interese e complicidade. Este tipo de sinerxias deben ser a base para ampliar a comunicación entre os distintos sectores creativos da cultura e un referente para o traballo colaborativo neste momento de crise e transformación do sistema.

Eurozoone xa está en marcha!