E outro exemplo máis para identificar as coincidencias ou as diferencias na visión da obra que temos cada un de nós. Algúns destes elementos comúns poderían ser o tratamento da violencia, os niveis de distanciamento que se poden superpoñer na interpretación dos actores, o paralelismo entre a esfera da política e a esfera da delincuencia... As dúbidas aparecen cando se trata de identificar un tono para o espectáculo, cando se trata de adaptar o guión da peli aos intereses da obra, cando se trata de imaxinar a relación entre personaxes reais da vida pública europea e personaxes de ficción...
Eurozone Chévere
Chévere cumpriu todo un reto en 2013 con Eurozone. Unha ambiciosa produción con 8 intérpretes en escena, que chegou ás 50 representacións, con case 7.000 espectadores e que fixo tempada en Madrid durante un mes no Teatro Valle Inclán do CDN. Aquí publicamos unha serie de vídeos do traballo en proceso da obra que Chévere estreou en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucedendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e a crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
Eurozone versión Arantza
Fai login ou rexístrate para poder comentar