Ao mellor máis ca un baile é unha liorta, pero son cousas que non están tan lonxe como parece. Este vídeo é dunha das primeiras impros feitas con música para unha escena que terá que seguir medrando, así podedes facer a comparación entre este principio e o que se acabe vendo no espectáculo. O que se escoita de fondo é un vals, un pouco casposo, non? Ou que vos suxire?
Eurozone Chévere
Chévere cumpriu todo un reto en 2013 con Eurozone. Unha ambiciosa produción con 8 intérpretes en escena, que chegou ás 50 representacións, con case 7.000 espectadores e que fixo tempada en Madrid durante un mes no Teatro Valle Inclán do CDN. Aquí publicamos unha serie de vídeos do traballo en proceso da obra que Chévere estreou en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucedendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e a crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
Eurozone tamén baila?
Fai login ou rexístrate para poder comentar