Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Esta semana, Especial Solos de Ultranoite (e máis)

Cando un se pon a rebuscar no arquivo, o material gravado nas Ultranoites é tanto e tan interesante que custa traballo seleccionar. Como xa é hora de ir compartindo parte dese material na Redenasa, esta semana decidimos bucear nos discos duros e preparar un Especial Solos de Ultranoite, con algunhas das actuacións en solitario máis memorables dos últimos anos. Porén, no proceso de busca apareceu tamén algún material recente que non pertence ás Ultranoites, pero que non nos puidemos resistir a subir.

A peza de portada corresponde á Ultranoite As Tres B, do ano 98, e é unha adaptación das Preguntas dun Obreiro que Le de Bertolt Brecht realizada por Carlos Santiago, que, a pesar dos seus doce anos de vida, non semella ter perdido actualidade.