Veciños e veciñas suben ao monte cos mecos ou santos, un boneco de home e outro de muller. O Rei vai a cabalo. Unha rosca espetada nunha pola abre o cortexo. E detrás van os solteiros vestidos de branco e vermello e os casados de azul. Despois baixan ao pobo, visitan as casas, onde son convidados a viño, bica ou pan de noces e rematado o paseo rematan cunha poxa de touciño, chourizos, ovos e froita a carón da igrexa...
Entroido de Covelo. Auténtico
Fai login ou rexístrate para poder comentar