Acabamos de estar no Cine Yago, ocupado dende hoxe pola mañá, e gravamos algunhas imaxes. Non son de moi boa calidade porque hai pouca luz e porque nos comprometimos a gravar só pés, pero de momento son as únicas que hai.
As persoas que organizaron o acto aseguran que o espazo estará aberto a todo o mundo a partir de hoxe pola tarde, e que nas asembleas que hai previsto realizar durante os vindeiros días decidirase que facer co espazo.