Como parte da estancia de Eurozone no Centro Dramático Nacional organizouse un debate sobre o futuro da Eurozona, moderado pola xornalista Leticia González e no que participaron Carlos Berzosa, exreitor da Universidade Complutense de Madrid, Ricardo Zaldívar, presidente de Attac España naquel momento, César Molinas, escritor, e Miguel Ángel Belloso, director de Actualidad Económica. Rescatamos este vídeo gravado durante o debate para achegar algo máis de contexto ao proxecto de Eurozone, en aberto en Redenasa dende a semana pasada. A pregunta: hai alternativas á Eurozona?
Eurozone: castelán con subtítulos en inglés
Dous anos e medio despois de iniciar o proxecto Eurozone, Chévere publica en vídeo e dividido en cinco capítulos este espectáculo feito desde o curruncho máis afastado para botar unha mirada crítica e perplexa a esta Europa dominada por elites extractivas.
Eurozone en vídeo (galego)