Begoña e Marta, as bailarinas da compañía Traspediante, viñeron participar da Festa Revolta e nun prado pertiño do río Lor bailaron unha peza acompañadas polo son da desbrozadora que manexa con soltura Orlando, veciño de Froxán e voceiro de SOS Courel. Esta foi a primeira das intervencións que varios artistas fixeron ao longo do roteiro que nos ocupou toda a mañá pola contorna de Froxán e do río Lor.
2ª Festa Revolta no Courel
Aquí atoparás todo xunto o material que temos disponible da 2ª Festa Revolta que se levou a cabo na aldea de Froxán, no Courel, os días 10 e 11 de agosto de 2012. Fotografías, vídeos, textos..., que documentan o que aconteceu.
A Festa Revolta é unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel. Queremos apoiar a toda esa xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valores naturais e culturais dunha zona de montaña que é por riba de todo un ben común que debemos preservar para as xeracións futuras.
Danza contemporánea nos montes do Courel
Gústalle(s) a 4 persoas
3 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar