"Desassossego" é un recital teatral sobre o desacougo cun acompañamento musical que incorpora sons inquietantes para cada texto. O novo traballo de Iria Pinheiro e Jesús Tejada está armado con versos de Fernando Pessoa, Sther F. Carrodeguas, Xiana Arias, Lupe Gómez, Lucia Aldao, Adília López, Branca Novoneyra, Lois Pereiro, María Salgado, Luci Romero e Olalla Cociña.
Se queres saber máis sobre este traballo explora por aquí.