Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Affiche: Pilar Alonso
Fotos
Insertar

Croquetas

O próximo 22 de Maio iniciamos no Halcón Milenario(Vigo) unha nova experiencia que promete emocións e diversión. Trátase da obra de teatro "Croquetas", interpretada e escrita por Iria Pinheiro.

A peza trasládanos á noiteboa de 1976 na que Elvira, a protagonista, convida a cear a 15 familiares (os asistentes a cada pase) e relátalles e ilustra as súas vivencias durante o seu exilio, por motivos de traballo, en Alemaña. Os invitados acompañarana a través desa viaxe emocional no que as verdades e os segredos de Elvira iranse desvelando no medio dunha atmosfera festiva e familiar, reflexo dun país que espertaba da súa época máis escura.