A Ultranoite explorou un novo formato para falar con máis acidez dos temas que asulagan a actualidade. Tiña que ser algo que facilitase que a crítica entrase con ledicio e gozo, que resultase familiar para o público e que cuestionase retranqueiramente algo aceptado masivamente. Non é doado, pero cando fai falta sempre aparece unha idea estimulante. De aí xurdiu o Gran Combo Panameño, un alter ego politizado da orquestra máis exitosa dos últimos veráns nas verbenas de todo o país. O xeito máis acaído para falar abertamente de sociedades offshore, paraísos fiscais, diñeiro oculto, roubo silenciado... Aí o tedes! Gozadeira!
Con Patricia de Lorenzo, Arantza Villar, Mónica García, Marcos Ptt, Borja Salcedo, Serxio Zearreta, César Goldi e a Ultrabanda (Xacobe Martñinez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián).