Para despedir a Ultranoite San Martiño #109 volvemos contar coa actuación do Gran Combo Panameño, o alter ego empoderado da pachanga mainstream, que veu cantar a esa inmensa Galicia que non dubida nin desconfía e sempre di si aos mesmos. Unha homenaxe musical e retranqueira á Galicia que triunfa, a esa Galicia que non se sabe se nunca mira atrás ou sempre mira para outro lado, a esa Galicia que avanza sen moverse do sitio. A Galicia única e afirmativa, que sabe gañar eleccións como ninguén.
Con Patricia de Lorenzo, Arantza Villar, Clara Gayo, Borja Salcedo, César Goldi, Iván Marcos, Diego Anido e a Ultrabanda (Xacobe Martñinez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián).