Aproveitando que hoxe é o Día dos Namorados imos dar luz a un novo proxecto de creación en rede que andamos argallando: Amores Prohibidos 2.0 (pódelo ver aquí), sobre o Romeo e Xulieta. Pero mentres, deixamos este clip de Clásicos por un Tubo de Chévere, unha versión un tanto apurada da obra máis coñecida de Shakespeare.