Chévere remata o seu proxecto máis ambicioso e innovador coa entrega completa das tres partes que compoñen a saga Citizen, que nos ofrecerá a posibilidade de mergullarnos dun tirón na historia de A.O. e Sara Caamaño.
Un novo formato teatral para a carteleira galega. Un reto e unha oportunidade para o público. Un luxo para nós. Sete actores no esceanrio. Tres horas de teatro feito a pé da realidade para gozar en compañía.