Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Citizen: trailer

Citizen, a triloxía dos Chévere sobre o imperio téxtil de A.O. despídese dos escenarios con dúas funcións no CSC Ramallosa de Teo os días 28 e 29 de decembro. Citizen superou xa con moito as 100 funcións desde a súa estrea, e foi presentada en 7 comunidades autónomas.

Chévere remata o seu proxecto máis ambicioso e innovador con esta entrega íntegra e completa das tres partes que compoñen a saga Citizen. Un espectáculo que é a suma das tres obras estreadas durante a tempada, e que nos ofrece a posibilidade de mergullarnos dun tirón na historia de A.O. e Sara. Un novo formato teatral para a carteleira galega. Un reto e unha oportunidade para o público. Un luxo para nós. Sete actores no esceanrio. Tres horas de teatro feito a pé da realidade para gozar en compañía.

2 comentarios

Chévere
Chévere: O 18, 19 e 20 de novembro Citizen completo en Bilbao, Fundición Aretoa
|
RedeNasa
RedeNasa: O 28, 29 e 30 de outubro Citizen preséntase en versión íntegra en Temporada Alta Festival de Tardor de Catalunya, compartindo cartel con Bieito, Rígola, Veronesse, Lupa, Korsunovas, Fabre, Liddell, Peeping Tom e moitos máis.
|