Citizen, proceso de ensaios
Xuntamos nunha serie os vídeos que se foron publicando durante o proceso de ensaios de Citizen, a triloxía de Chévere sobre o imperio téxtil de A.O.
Citizen 4: banda sonora
O obxecto-fetiche de Citizen 1, da primeira parte desta saga, vai ser unha cinta de k-7. Quizais foi a primeira vez que tivemos a oportunidade de gravar o que quixéramos con elas, a música que soaba pola radio, unha entrevista, un son na rúa... Así que reivindicamos o poder evocador do k7 e as súas posibilidades para xerar historias. De aí saen algunhas músicas que nos poden acompañar, que poden evocar o momento exacto no que se inicia esta historia.
Gústalle(s) a 6 persoas






Fai login ou rexístrate para poder comentar