Ano 2013. Madrid. Lavapiés. Teatro Valle Inclán.
Este é o momento histórico no que o director do CDN, Ernesto Caballero, anuncia a presentación do espectáculo de Chévere, Eurozone, dentro da tempada 2013/2014. Chévere é a primeira compañía galega que fará tempada no CDN. O nunca visto. Poñeremos un pe alí e procuraremos que a intensidade da nosa pisada afunda un pouco o chan e desequilibre os cimentos do teatro estatal.
Do 30 de outubro ao 24 de novembro.