Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Chévere: Escapárate

O venres 3 de maio Chévere vai encher de teatro unha serie de escaparates do centro histórico de Pontevedra, en sesión de mañá e tarde-noite. É unha iniciativa para levar o teatro a un escenario tan inusual como os escaparates dos comercios, co obxectivo de dinamizar as áreas comerciais de proximidade e de paso sorprender á xente e darlle a posibilidade de asistir ao teatro mentres pasea e compra.

Este vídeo foi realizado durante o Escapárate que se fixo na campaña de Nadal 2003 de Compostela Monumental, inclúe a reportaxe que o Telexornal Noite de Tele 5 lle dedicou o día de Noiteboa e podedes ver nel a unha chea de actores, actrices, magos e músicos próximos ao mundo Chévere, como Xron, Miguel de Lira, Borja Fernández, Renata Otero, Marta Pazos, Romarís, Xurxo Troncoso, Simone Negrín e La Chú. 

3 comentarios

renata otero
renata otero: Qué ben quedou o video! Tiñamoita ganas de velo vai tempo! e que chula foi a experiencia!
|
marcos ptt
marcos ptt: ei, qué bo, tanto oir del, e non chegara a velo, jejejeje
|
xron
xron: Escapárate invadirá a zona vella de Pontedeume o próximo Venres 23 de Xullo.
|