Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Chevereografías: Chelo, paseo nº1, un roteiro ficcionado polo barrio da Magdalena de Ferrol

En xuño de 2016, Chévere realizou este roteiro guiado e ficcionado para pasear e imaxinar o barrio da Magdalena de Ferrol, como parte do Festival Fóra do Mapa.

Trátase dunha intervención teatral no barrio da Magdalena que é un xeito distinto de achergarse á mesma cidade de sempre. Unha experiencia teatral superposta sobre o espazo urbano. Apropiarse do paseo como táctica de relación coa contorna para provocar un feito escénico a pé de rúa. É apenas andar, mirar, escoitar. Activar o encontro entre o teatro e o público. Desenvolver unha ficción que fará aínda máis real a cidade na que vivimos. Só tes que seguir a Chelo e escoitar o seu relato de Ferrol.

Idea e creación: Chévere. Coa participación de Patricia de Lorenzo, Xron, Mónica García, Borja Fernández e Xacobe Martínez Antelo. Vídeo: Catu Martínez.