Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Sexo, mentiras e Códices Calixtinos: a muller do electricista

Aló polo mes de xuño, Chévere puxo en marcha un experimento teatral pensado especificamente para ser representado na Regadeira de Adela, a casa do microteatro en Santiago. A idea era contar unha mesma historia dende catro perspectivas diferentes, e o tema non podía ser outro que o escándalo compostelano máis surrealista e disparatado dos últimos tempos: o roubo e reaparición do Códice Calixtino. Hoxe deixámosvos un fragmento da primeira destas historias: a que relata Remedios, a muller de Manolo, o electricista da catedral. Se vos gusta o que vedes, estade atentos ao calendario, porque logo do verán haberá unha nova oportunidade de ver as pezas en directo.

Outubro, venres 11, 18 e 25 a partir das 21,00h. na Regadeira de Adela (xunto á Praza de Abastos, Compostela)

1 comentarios

Javier Abraldes
Javier Abraldes: Pobre Manolo, non me estraña que estivese calado todo o tempo...
|