Con esta rancheira dedicada a María na floristería Hedra, Patricia de Lorenzo puxo o peche a CacheirasNadalComedy. Foron dous días nos que oito comercios agasallaron á súa clientela con teatro, música e cine realizado por un combinado de actrices, actores e comerciantes dentro dos propios comercios. Unha iniciativa apoiada polo concello de Teo, resultado do traballo de Chévere como compañía residente, que agardamos teña continuidade porque foi unha experiencia totalmente satisfactoria.