Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Cacheiras Nadal Comedy 2014

Comezamos o mes de decembro cun vídeo moi acaído: a segunda edición de Cacheiras Nadal Comedy, o proxecto de teatro comunitario que Chévere levou a cabo cun grupo de comerciantes e veciños do Concello de Teo durante dous anos, celebrouse o 12 de decembro de 2014, hai agora un ano. A idea para esta segunda edición foi explorar as relacións que se establecen entre as persoas que venden e as que mercan, as posibilidades de habitar o pequeno comercio, os afectos que provoca, as experiencias que acolle.  Un xeito de poñerlle cara ao comercio e coñecer ás persoas que están do outro lado do mostrador ou da mesa. Un convite a usar o comercio que temos máis preto, a mudar os nosos itinerarios habituais como consumidores. E un agasallo de Nadal para a veciñanza de Cacheiras e de todo o concello.