Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Rilo Chmielorz: Hora Legal, performance sonora para pizarra, punzón, dedal e collage

Rilo Chmielorz (Lünen, Westfalia, 1954) realizou esta performance sonora para varias pizarras, punzón, dedal e collage sonoro dentro do ciclo dedicado a Outras Músicas que se fixo na Nasa no 1996, destinado a presentar a unha serie de artistas sonoros dificilmente clasificables, que desenvolvían un labor de investigación e acción creativa dentro do ámbito da música contemporánea, pero desde unha perspectiva persoal, heterodoxa e non acedémica. Un denominador común a todos eles foi a súa condición de compositor-inventor-construtor-intérprete. O ciclo fíxose coa colaboración de Llorenç Barber e como extensión do programa de arte sonora que él mesmo coordenaba no Círuclo de Belas Artes de Madrid.

Como curiosidade, dicir que durante as probas empezou a chover moi forte e o zumbido do teito da Nasa deixou namorada a Rilo, que decidiu instalar un micro de contacto no tellado para recoller o son da chuvia durante o concerto, e mesturalo en directo coas outras fontes que usaba, como as pizarras rañadas con distintos instrumentos.

1 comentarios

Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Como flipaba eu con estas cousas naqueles primeiros anos de tripulante da Nasa.
|