CITIZEN I sitúanos nese momento iniciático que ten toda gran aventura. Cando é difícil separar a realidade dos soños. A verdade, da invención. O teatro, da vida. Pero tamén é unha historia da Transición, contra a Transición. Estanos no 1975. Franco morreu. Todo tería que cambiar. Ela está exactamente onde hai que estar. El non ten posición. Ela é dun lugar do que vén fuxindo. El non sabe de onde vén, pero sabe exactamente a onde quere chegar.
Obras completas: Citizen I
O proxecto completo de Citizen componse de tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa de Santiago de Compostela ao longo da tempada 2010-2011, como se se tratase dunha obra de teatro por episodios. Cada un deles foi a continuación e a consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres supuxo un novo espectáculo
de case catro horas de duración.
Citizen I (5/5)
Gústalle(s) a 1 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar