Chévere recupera para a súa difusión estatal e internacional a primeira parte do proxecto Citizen, a que foi o xérmolo de toda a historia, a que non depende de ter visto as outras, a que recibiu os eloxios máis entusiastas e unánimes e a máis transportable en tempos de crise.
De momento, estas son as cidades nas que se poderá ver o espectáculo:
Madrid: Teatro del Barrio, xuño.
Valencia: Espai Inestable, setembro.
Montevideo-Uruguai: Teatro Solís, setembro-outubro.
Córdoba-Arxentina: Festival Internacional de Teatro do Mercosur, outubro.
Bos Aires-Arxentina: Teatro Margarita Xirgu, outubro.
Vigo: Sala Ártika, outubro.
Badaxoz: Teatro Guirigai, novembro.
Pamplona: Teatro Gayarre, novembro.
Granollers: Teatre Ponent, sábado 9, domingo 10 (en galego) xaneiro 2016.
Barcelona: Ateneu Nou Barris, sábado 30 e domingo 31 (en galego) xaneiro 2016.
Vitoria: Teatro Félix Petite, venres 4 marzo 2016.
Bilbao: La Fundición, sábado 28, domingo 29 maio 2016.