O sábado pasado fixemos un pase con público de Eurozone, como unha pre-estrea. A obra aínda non estaba completa ao 100%, pero como xa faltaba pouco, perdímoslles aos asistentes que nos contasen algo sobre o que acababan de ver. Isto é o que nos dixeron. Gracias pola súa xenerosidade ao ofrecer unha opinión collida ao vóo a Alberto, Cuco, Fany, Óscar e Cata. Para o resto, as funcións seguirán en Teo desde o venres 22 de febreiro ata o domingo 10 de marzo.
Eurozone Chévere
Chévere cumpriu todo un reto en 2013 con Eurozone. Unha ambiciosa produción con 8 intérpretes en escena, que chegou ás 50 representacións, con case 7.000 espectadores e que fixo tempada en Madrid durante un mes no Teatro Valle Inclán do CDN. Aquí publicamos unha serie de vídeos do traballo en proceso da obra que Chévere estreou en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucedendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e a crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
Que nos contan de Eurozone os que xa a viron?
Gústalle(s) a 3 persoas
2 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Expo:
A Eurozone é uma sorte de puticlub onde uma banda de sociópatas son incapaces de xerar um ponto de pàrtida em común. O espéctaculo está contado dun xeito cinematográfico co que chevere pasa amosarnos unha peli de cine negro desas con mal@s malisim@s que de tanto mal chegar a ser absolutamente estúpidos. A escenógrafia afonda nese fondo tópico de que os galegos nen suben nen baixan pero deta vez aplicado aos paises da eurozona. A escada mecánica parada suxeriume uma europa mergullada de cheo neste tópico a base de xirope de austeridade.
Ademáis chévere invita ao publico a participar e poñer solución ao problema, e desde o meu ponto de vista invitandonos a toda a cidadania a tomar cartas no asunto ante a irresponasabilidade dos poderes fácticos aos que critica non so por ineptos senon tambén por estar desquiciados na sua ambicion polo diñeiro
Patricia de Lorenzo:
Grazas a todo o público que asistiu. Cada vez temos máis claro que estes pases con público son fundamentais para sentir ritmos, detectar fallos, axustar tempos...