Na última sesión que realizamos no IES A Cachada de Boiro como parte do proxecto Amores Prohibidos 2.0., estivemos entrevistando rapaces para facer o personaxe de Baldo. Baldo é o aliado de Xiana, a protagonista feminina. É galeguista, ten tendencia a quentarse e coñece a Xiana dende hai anos. O demais póñeno os rapaces. Que vos parece a vós?