Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Goldylan: os tempos non che cambian

Aproveitando o escenario político logo das últimas eleccións, César Goldi subiu ao escenario da Ultranoite SanMartiño para ofrecernos esta versión do clásico de Bob Dylan The times they are a-changing, cunha letra especialmente adaptada para a ocasión por Manuel Cortés. Aquel canto de esperanza xuvenil, despois de todo o visto e vivido, transfórmase nun hino ao desencanto... Pero polo menos quédanos a Ultranoite!

Homes e mulleres,
prestade atención,
ou ricos ou pobres,
de esquerdas ou non,
se pensades que as cousas
teñen que ir a mellor
e que máis non poden torcerse,
comparade estes cristos
cos dos vosos avós,
porque os tempos non che cambian.

Banqueiros, partidos,
corruptos de a pé,
politicos que antes
tiñan todo o poder
están sendo xulgados,
que non é de crer,
pero son moitos máis os que zafan
e de vellos tranquilos
na cama han morrer,
porque os tempos non che cambian.

Pois ben, como vedes,
a vida é igual,
con ou sen governo
hai que ir traballar
e que ninguén pense
que se ha de arranxar
e que desta vai vir a calma,
pois despois do escampiño
vai volver arroiar,
porque os tempos non che cambian.

Homes e mulleres,
prestade atención,
ou ricos ou pobres,
de esquerdas ou non,
non choredes se isto
non se arranxou,
non vaiades quedar na casa,
buscade refuxio
e que siga a función,
a ultranoite non che cambia!