Xa empezamos os ensaios de Amores Prohibidos en Boiro. Despois dunha primeira xornada un tanto espesa para entrarlle ao guión en toda a súa complexidade, decidimos darnos un respiro e xogar un pouco a facer teatro antes de introducirnos de cheo no mundo virtual. Así que propuxemos a esta xente relaxar un pouco os músculos e probarse en escena, a ver que tal se ven as cousas desde aí. Neste vídeo podedes ver as primeiras saídas de Raúl, disposto a ser un bo Romero pase o que pase. Tamén se probaron saídas para Xiana e outras cousas. Como vedes, o proxecto xa está a toda marcha.
Máis información no blog amoresprohibidos.redenasa.tv