O sábado 11 de agosto pola mañá Mónica de Nut percorreu a aldea de Froxán cos seus cantos de alborada, para dar inicio ás actividades da Festa Revolta. A esa hora xa foron moitas as persoas que se concentraron na Aira da Fonte para seguir á cantante por toda a aldea, con paradas en distintos lugares, en diferentes casas. Neste vídeo podedes ver a sorpresa e satisfacción dunha veciña cando se atopou con estes cantos na porta da casa.
2ª Festa Revolta no Courel
Aquí atoparás todo xunto o material que temos disponible da 2ª Festa Revolta que se levou a cabo na aldea de Froxán, no Courel, os días 10 e 11 de agosto de 2012. Fotografías, vídeos, textos..., que documentan o que aconteceu.
A Festa Revolta é unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel. Queremos apoiar a toda esa xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valores naturais e culturais dunha zona de montaña que é por riba de todo un ben común que debemos preservar para as xeracións futuras.
Alborada da Festa Revolta pola aldea de Froxán
Gústalle(s) a 2 persoas
2 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar