Seguímonos achegando aos personaxes europeos desde a historia que podan estar agochando detrás da súa impávida figura. O outro día alguén contou que imaxinaba que a François Hollande súanlle as mans antes de falar en público e ten que estar todo o tempo buscando como secalas. De aí xurde un repertorio de xestos e unha actitude que serven para debuxar en escena un rápido retrato do presidente do governo francés.
Eurozone Chévere
Chévere cumpriu todo un reto en 2013 con Eurozone. Unha ambiciosa produción con 8 intérpretes en escena, que chegou ás 50 representacións, con case 7.000 espectadores e que fixo tempada en Madrid durante un mes no Teatro Valle Inclán do CDN. Aquí publicamos unha serie de vídeos do traballo en proceso da obra que Chévere estreou en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucedendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e a crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
A François Hollande súanlle as mans antes de falar en público
Gústalle(s) a 2 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar