Na peli de Reservoir Dogs hai unha famosa escena de tortura, cando lle cortan a orella a un poli que teñen secuestrado. Na nosa obra aínda non temos totalmente claro que pode ser o secuestrado e torturado. Pero dalgún xeito todo apunta a que o torturador (ou torturadora) será Alemaña. É tan obvio coma a vida mesma. O que hai que buscar é unha tortura, porque non lle imos cortar unha orella a ninguén. De momento, gústanos como soa o soplete sobre o ferro mentres se pon ao roxo.
Eurozone Chévere
Chévere cumpriu todo un reto en 2013 con Eurozone. Unha ambiciosa produción con 8 intérpretes en escena, que chegou ás 50 representacións, con case 7.000 espectadores e que fixo tempada en Madrid durante un mes no Teatro Valle Inclán do CDN. Aquí publicamos unha serie de vídeos do traballo en proceso da obra que Chévere estreou en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucedendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e a crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.
A ferro quente
Gústalle(s) a 3 persoas
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Chévere:
Momentazo!