Aló polo mes de xuño, Chévere puxo en marcha un experimento teatral pensado especificamente para ser representado na Regadeira de Adela, a casa do microteatro en Santiago. A idea era contar unha mesma historia dende catro perspectivas diferentes, e o tema non podía ser outro que o escándalo compostelano máis surrealista e disparatado dos últimos tempos: o roubo e reaparición do Códice Calixtino. Nesta ocasión deixámosvos a versión de Manolo o electricista, testemuño dos moitos pecados cometidos na Catedral. Se queres ver a peza enteira, logo do verán terás unha nova oportunidade de presenciala en directo. Máis noticias en Redenasa!
Sexo, mentiras e Códices Calixtinos: o electricista
Gústalle(s) a 1 persoas
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Javier Abraldes:
A min as explicacións de Manolo parécenme absolutamente convincentes. E o seu traballo de todos estes anos na Catedral moi meritorio (poñendo os leds e demais). Un testemuño conmovedor.