Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Anatomía dunha serea, a testemuña escénica de Iria Pinheiro contra a violencia obstétrica, en dous minutos

Anatomía dunha serea estreouse o 18 de outubro no Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo), sendo o terceiro proxecto sementado na Berberecheira do grupo Chévere. Á espera de anunciar novas funcións, deixámosvos este teaser que dá algunhas pistas sobre a obra.

Anatomía dunha serea é a metáfora dunha agresión agochada na intimidade de moitas mulleres despois de parir nun hospital. É unha testemuña escénica sobre a violencia obstétrica. Un xesto valente dunha actriz para abrir ao público un debate silenciado. O relato autobiográfico dunha muller que entrou no hospital para dar a luz sen saber exactamente a que se enfrontaba.

Vídeo feito por Illa Bufarda.