Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Anatomía dunha serea, testemuña escénica contra a violencia obstétrica, estrea 18 outubro

Anatomía dunha serea é a metáfora dunha agresión agochada na intimidade de moitas mulleres despois de parir nun hospital. É unha testemuña escénica sobre a violencia obstétrica. Un xesto valente dunha actriz para abrir ao público un debate silenciado. O relato autobiográfico dunha muller que entrou no hospital para dar a luz sen saber exactamente a que se enfrontaba. Podedes ver a obra os días 18, 19, 25 e 26 de outubro ás 21,00h. no Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo). Entradas dispoñibles premendo aquí

Tamén se poderá ver a obra en Moaña o sábado 20 de outubro, no auditorio do IES As Barxas ás 22,00h., dentro dos XXXI Circuítos Teatrais que organiza o concello de Moaña.