Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Ultranoite no País dos Ananos, un avance en vídeo

Este é un resumo en vídeo da Ultranoite no País dos Ananos, o musical nihilista sobre a Galicia contemporánea que pechará a celebración en Compostela do 30 aniversario de Chévere. Será na Praza da Quintana o mércores 19 de xullo ás 23,00h. As invitacións para ocupar as 1.000 cadeiras disponibles repartíronse en menos de 3 horas hai unha semana, pero o acceso ás escaleiras será libre ata completar o aforo.

Esta obra estivo en xira por Galicia na tempada 2014-15: da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ao FIT Ribadavia, ao Bricandeira Festival e ao FITO Ourense. E tamén en Pontevedra, Muros, Redondela, O Barco, Arteixo, Vilagarcía, Carballo, Oleiros, Monforte, Vigo e A Coruña. Con máis de 6.000 espectadores que xa viron a obra, esta tempada rematará no Teatro Rosalía de Castro os días 29 e 30 de maio. Se aínda non a viches, non perdas esta oportunidade!

Ademais, fixemos unha experiencia de difusión teatral en televisión. Entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2014, a Ultranoite no País dos Ananos estivo disponible en aberto para todas as persoas que estean subscritas á canle Tolemias de R. Trátase dun feito inédito no panaroma cultural galego, pois por vez primeira vaise ofrecer unha obra de teatro en televisión case ao mesmo tempo que esta obra se estrea nos escenarios. A gravación da peza levouse a cabo polo equipo da Casa de Tolos a finais do mes de abril no CSC da Ramallosa (Teo) e antes de iniciar a xira deste espectáculo xa chegará ás pantallas de televisión.

Tolemias é unha canle de contidos musicais dispoñibles baixo demanda que xurde da unión de Cinfo (empresa especializada en contidos e desenvolvementos para televisión) e Casa de Tolos (estudo de grabación con máis de 10 anos de experiencia). En Tolemias poderás atopar concertos e outros contidos relacionados coa música en directo. Actualmente dispoñible en tv R.