Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Pole Pole, música a vapor

Pole Pole chegaron á Nasa en marzo de 2004 para participar na Alternativa, o festival de teatro, música e danza organizado conxuntamente entre a Nasa e a Galán, que durante dez anos trouxo a Compostela o máis representativo da escena contemporánea peninsular. Pole Pole son Maddish Falzoni (acordeón, harmónica, camping-gas, voz, harmonicón tenor, grano, teteira, piano), Imma Udina (clarinete, arpa de boca, mandolina, pedras,h armonicón alto, pinga a pinga, pepi's drum) e Joan Saura (sampler, aspirina, viola, mandolina, impresora).

E o que fan pode ser folklore universal, narración con improvisación, contrapunto tonal, collage, minimalismo evocativo, parodia de virtuosismo, bolero sabrosón contra o traballo, cómic urbano, pasodobre con monstro, fusión vangardista, música con impresora, música experimental con carcoma, canción surrealista, música con obxectos, cabaret mediterráneo.

1 comentarios

xron
xron: Ainda que fosen poucas as persoas que tiveron o privilexio de saborear esa noite a música de Pole Pole na Nasa, estou convecido de que pagou moito a pena o gran esforzo que nos custou traer e defender este tipo de propostas en Compostela.
|